Na nosa Academia de Pádel utilizamos a novidosa metodoloxía pádelglobal para todas as nosas clases. Da igual o/a adestrador/a que imparta a clase. Todos/as seguen a mesma programación e entran na pista coa sesión de adestramento preparada.
Englobamos todos os niveis e idades, desde pa branca (primeira vez que practica deporte de raqueta) ata pa negra (xogador/a de alta competición).
Ademais, tamén organizamos actividades complementarias á formación como:
- Equipos
- Liga de pádel
- Minitorneos / torneos
- Circuito de menores
¡As nosas pistas están agardándote!
A NOSA METODOLOXÍA
No ano 2011 nace un novo sistema de adestramento, chamado Globalpádel, baseado no coñecemento científico das Ciencias da Actividad Física e do Deporte, adaptando este coñecemento ao pádel. A metodoloxía globalpádel baséase principalmente en 3 puntos:
NIVEIS DE PADEL
PRE-PÁDEL
Nenos/as, de 4 a 6 anos, que se inician na habilidade motora do pádel e se familiarizan coa técnica e coa táctica básica.
MINI PÁDEL
Nenos/as, de 7 a 11 anos, que dominan a habilidade motora do pádel e se inician na técnica e na táctica básica
PÁDEL-JUNIOR
Nenos/as, 12 a 16 anos, quexa perfeccionaron as habilidades técnico tácticas e aprenden a xogar en parella.
PA BRANCA
Están incluidas neste nivel as persoas que nunca xogaron ao pádel nin a outros deportes de raqueta.
PA AMARELA
Persoas que si realizaron deportes de raqueta algunha vez, aínda que non xogasen apenas ao pádel.
PA LARANXA
Persoas que dominan o golpe e comezan a realizar de forma efectiva tanto o xogo de fondo como na rede.
PA VERDE
Persoas que realizan con habilidade o xogo de fondo e rede, e participan habitualmente en partidos de pádel.
PA AZUL
Deportistas que xogan semanalmente partido, coñecen as habilidades técnico-tácticas e xogan algún torneo.
PA MARRÓN
Persoas que xogan campionatos con regularidade e dominan as habilidades técnico-tácticas.
PA NEGRA
Participantes en campionatos locais que queren participar en competicións federadas.