NATACIÓN INFANTIL

Somos o 1º centro da provincia de pontevedra adherido ao programa “Nadar es Vida” da RFEN, que acredita que cumprimos a garantía de calidade da ensinanza da Natación.

“Nadar es Vida” é o programa desenvolto pola Real Federación Española de Natación que garante que os nenos e as nenas aprendan a nadar de forma correcta e nas mellores condicións. O programa está baseado en premiar o esforzo de nenas e nenos a través dos niveis que terán por nome as personaxes da serie de Disney “Buscando a Dory”. De este xeito, garántese a motivación e auméntase a diversión nas súas clases de natación, sen dúbida ningunha a combinación perfecta. “Nadar es Vida” inicia os nenos e as nenas nunha viaxe dende a súa primeira chapuzadura na agua, ata converterse en nadadoras/es competentes e seguras/os no medio acuático.

NATACIÓN PARA BEBÉS

Actividade baseada en favorecer o proceso de desenvolvemento evolutivo do bebé, mediante a práctica dunha amplia gama de actividades acuáticas que lle permitan ter unha gran bagaxe de vivencias motrices, físicas y psíquicas. O pai ou a nai (ou outra persona adulta) acompaña o bebé na agua. Os grupos divídense en catro segmentos:

  • 6 a 12 meses
  • 12 a 16 meses
  • 16 a 24 meses
  • 24 a 36 meses

NATACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS

Cursos de natación dirixidos a persoas que desexen aprender a nadar e mellorar a súa técnica. Niveis:

  • Iniciación
  • Mellora
  • Perfeccionamento