Na nosa Academia de Pádel utilizamos a novidosa metodoloxía pádelglobal para todas as nosas clases. Da igual o/a adestrador/a que imparta a clase. Todos/as seguen a mesma programación e entran na pista coa sesión de adestramento preparada.

Englobamos todos os niveis e idades, desde pa branca (primeira vez que practica deporte de raqueta) ata pa negra (xogador/a de alta competición). 

Ademais, tamén organizamos actividades complementarias á formación como:

  • Equipos
  • Liga de pádel
  • Minitorneos / torneos
  • Circuito de menores
¡As nosas pistas están agardándote!

A NOSA METODOLOXÍA

No ano 2011 nace un novo sistema de adestramento, chamado Globalpádel, baseado no coñecemento científico das Ciencias da Actividad Física e do Deporte, adaptando este coñecemento ao pádel. A metodoloxía globalpádel baséase principalmente en 3 puntos:

Adestradores 100% profesionais

Contamos cun equipo humano que demostra a profesionalidade día a día buscando a excelencia en cada uno dos adestramentos.

Programación minuciosa

A nosa programación adáptase a todo tipo de alumnando. Temos 7 nivéis de xogo en persoas adultas e nenas/os que teñen en conta los obxectivos, os contidos, a metodoloxía e avaliación…

Máis que unha academia

Además dos adestramentos contamos con actividades de complemento á ensinanza: grupos de whatsapp, competicións, equipos deportivos…

NIVEIS DE PADEL

PRE-PÁDEL

Nenos/as, de 4 a 6 anos, que se inician na habilidade motora do pádel e se familiarizan coa técnica e coa táctica básica.

MINI PÁDEL

Nenos/as, de 7 a 11 anos, que dominan a habilidade motora do pádel e se inician na técnica e na táctica básica

PÁDEL-JUNIOR

Nenos/as, 12 a 16 anos, quexa perfeccionaron as habilidades técnico tácticas e aprenden a xogar en parella.

PA BRANCA

Están incluidas neste nivel as persoas que nunca xogaron ao pádel nin a outros deportes de raqueta.

PA AMARELA

Persoas que si realizaron deportes de raqueta algunha vez, aínda que non xogasen apenas ao pádel.

PA LARANXA

Persoas que dominan o golpe e comezan a realizar de forma efectiva tanto o xogo de fondo como na rede.

PA VERDE

Persoas que realizan con habilidade o xogo de fondo e rede, e participan habitualmente en partidos de pádel.

PA AZUL

Deportistas que xogan semanalmente partido, coñecen as habilidades técnico-tácticas e xogan algún torneo.

PA MARRÓN

Persoas que xogan campionatos con regularidade e dominan as habilidades técnico-tácticas.

PA NEGRA

Participantes en campionatos locais que queren participar en competicións federadas.