A titularidade do dominio en Internet complejodeportivoalvaropino.com correspóndelle a INSDEGA XXI, S.L., con CIF: B36531499, e con nome comercial Álvaro Pino Complejo Deportivo. O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das condicións aquí expostas, sen prexuízo daquelas particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos ofrecidos a través do sitio web. INSDEGA XXI, S.L, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como calquera outras condicións particulares.

 

Propiedade Intelectual sobre os contidos do sitio Web

Todos os elementos que forman o sitio web, así como a súa estrutura, deseño e código fonte desta, son titularidade de  INSDEGA  XXI, S.L. e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.

Prohíbese a reprodución total ou parcial dos contidos deste sitio web, así como a súa modificación e/ou distribución sen citar a súa orixe ou solicitar previamente autorización.

INSDEGA  XXI, S.L. non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción destes dereitos por parte da persoa usuaria.

 

Ligazóns

Ao seleccionar calquera das ligazóns (ou hiperenlaces) que poidan aparecer no noso sitio web, vostede acepta facelo a título informativo e recoñece que INSDEGA XXI, S.L. non exerce ningún control nin responde do contido da información á que acceda.

 

Redes Sociais

Poñemos no seu coñecemento que estamos presentes en redes sociais.

O tratamento dos datos que se realice das persoas que se fagan seguidoras (e/ou realicen calquera vínculo ou acción de conexión a través das redes sociais) das páxinas oficiais de INSDEGA XXI, S.L. ( NOME COMERCIAL), nas redes sociais, rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e demais normativas de acceso, uso e similares que pertenzan á rede social que corresponda, das que a persoa usuaria das redes sociais xa aceptaría.

INSDEGA  XXI, S.L, tratará os seus datos coas finalidades de administrar correctamente a súa presenza na rede social que corresponda, informalo/a de actividades, produtos ou servizos de  INSDEGA  XXI, S.L., ou de terceiros, que poidan estar relacionados coa nosa actividade, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais poidan permitir.

Política de Privacidade

RXPD (Regulamento xeral de protección de datos)

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, INSDEGA XXI, S.L. infórmao/a de que os datos persoais que nos sexan proporcionados van ser incorporados para o seu tratamento en ficheiros automatizados.

 

Responsábel

INSDEGA XXI, S.L.

CIF: B36531499

R/ VILANOVA, 30 – 36880 A CAÑIZA (PONTEVEDRA)

Teléfono: 986.644.757

E-mail: administracion@insdega.com

 

Finalidades

Trataremos os seus datos para a xestión de envío de información e prospección comercial por correo electrónico, fax, SMS, MMS, comunidades sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro. As ditas comunicacións comerciais serán sobre produtos ou servizos ofrecidos polo prestador, así como por parte dos colaboradores ou partners cos que este alcanzase algún acordo de promoción comercial entre a súa clientela.

Tamén para tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que sexa realizada pola persoa usuaria a través de calquera das formas de contacto que se poñen ao dispor do/a usuario/a no sitio web da compañía.

Así mesmo, trataremos os seus datos para a xestión e remisión de ofertas de produtos e servizos sempre relacionados coa nosa actividade empresarial directa, xestión técnica destes e para a xestión administrativa, de facturación e legal referente aos produtos e servizos contratados.

 

Conservación

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación coa entidade e non solicite a súa supresión a persoa interesada e serán conservados conforme aos prazos legais estabelecidos en materia fiscal e contábel, tomando como referencia a última comunicación.

 

Decisións

INSDEGA XXI, S.L. NON tomará decisións automatizadas, perfís ou lóxica aplicada aos seus datos.

 

Lexitimación

Como a comunicación de datos persoais é un requisito legal ou contractual e un requisito necesario para poder facilitarlle información, envío de ofertas, resolver aspectos técnicos ou para formalizar un proceso de contratación dos nosos produtos e servizos, infórmase a persoa interesada de que está obrigada a facilitar os datos persoais, así como datos de  INSDEGA  XXI, S.L. que contrata, e así mesmo que as consecuencias de non facelo poden supoñer a non prestación do servizo solicitado.

 

Persoas destinatarias

  • Durante o período de duración do tratamento, INSDEGA XXI, S.L. non realizará ningunha cesión, salvo obrigación legal, nin tampouco transferencia ningunha.
  • Opcionalmente realizaránselles transferencias temporais aos fabricantes dos cales INSDEGA XXI, S.L. sexa distribuidor autorizado.

 

Dereitos

A persoa interesada pode exercer os seguintes dereitos:

  • Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Dereito a opoñerse ao tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos.
  • Dereito a retirar o consentimento prestado.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se INSDEGA  XXI, S.L. está a tratar datos persoais que lles  concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos. Nese caso, unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias, e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. Neste caso, a entidade deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posíbeis reclamacións.

Se outorgou o seu consentimento para algunha finalidade concreta, ten dereito a retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Por iso, de conformidade co regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, poderá exercer os seus dereitos a través da remisión dunha solicitude expresa a  INSDEGA  XXI, S.L. en R/ VILANOVA, 30 – 36880 A CAÑIZA (PONTEVEDRA), xunto coa documentación pertinente que identifique legalmente os datos da persoa solicitante.

 No caso de que sinta vulnerados os seus dereitos no concernente á protección dos seus datos persoais, especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a autoridade de control en materia de protección de datos competente, a Axencia Española de Protección de Datos, a través do seu sitio webwww.agpd.es

 En cumprimento do prevido no artigo 21 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, se vostede non desexa recibir máis información sobre os nosos servizos, pode darse de baixa na seguinte dirección de correo electrónico da entidade, indicando no asunto “Non enviar correos”.

 

PROCEDENCIA DOS DATOS

Os datos persoais que tratamos en INSDEGA XXI, S.L. proceden directamente de vostede, ou son de acceso público en Internet, ou desde a súa páxina web de empresa:

As categorías de datos que se tratan son:

  • Datos básicos de identificación, persoais e de empresa
  • Códigos ou claves de identificación
  • Enderezos postais ou electrónicos
  • Información comercial
  • Datos económicos
  • Non se tratan datos especialmente protexidos.

 

Confidencialidade

Calquera dato e información que sexa enviado a INSDEGA XXI, S.L., calquera que sexa o seu formato e soporte, será tratado con absoluta confidencialidade e reserva. Só en caso de que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado requiran o acceso a esa información, nos estritos termos da lexislación vixente e todos aqueloutros supostos legalmente estabelecidos, seralle proporcionada conforme ao que esixe a lei.